Coworking - Tablón

 
Santiago de Compostela, 01 de Marzo de 2019 a Santiago de Compostela, 03 de Maio de 2019

O Instituto de Medios Sociales, empresa ubicada no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, organiza unha nova edición do seu 'Curso de Experto en Community Management', para todas aquelas persoas que desexen aprender a xestionar correctamente as redes sociais e a súa imaxe de marca en internet.

Santiago de Compostela, 17 de Xaneiro de 2019

O xurado especializado da décima edición dos European Festival Awards elixiu ao compostelán WOS Festival x SON Estrella Galicia como mellor festival indoor de Europa en 2018. O galego competía con outros nove finalistas, sete deles alemáns, un austríaco e un checo. Desde a primeira convocatoria dos galardóns, só en tres ocasións un festival español levou algún dos premios: o Primavera Sound en 2014, e de novo o Primavera Sound e o Mad Cool en 2017.

Santiago de Compostela, 30 de Novembro de 2018

O venres 30 de novembro o Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura viaxa ao Culturgal para dar a coñecer o seu programa de apoio ao emprendemento, e en especial os Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, que veñen de celebrar a súa sexta edición co patrocinio de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e a colaboración do Igape.

Santiago de Compostela, 09 de Outubro de 2018 a Santiago de Compostela, 11 de Outubro de 2018

A empresa DXC Technology, ubicada no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia, ofrece ao todos os seus traballadores un curso de ANSIBLE, plataforma de software libre empleada para a configuración, administración e automatización de servidores, aplicacións, servizos e infraestrutura de rede.

O curso desenvolverase en tres xornadas, do martes 9 ao 11 de outubro no Cubículo do CEM.

Santiago de Compostela, 04 de Outubro de 2018 a Santiago de Compostela, 22 de Maio de 2019

O fotógrafo Óscar Corral, residente no Coworking do Gaiás, organiza unha nova edición do seu obradoiro de fotografía para principiantes, dirixido a todas aquelas persoas que desexen iniciarse coa cámara. As clases serán os mércores e xoves no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura en horario de 20:30 a 21:30 horas.

Óscar Corral conta con máis de 15 anos de experiencia dedicado de maneira profesional á fotografía, destacando especialmente o seu traballo como fotoxornalista para medios como El País ou EFE, entre outros moitos.

Páxinas