Blog

 
Exposicións
Santiago de Compostela, 07 de Xullo de 2015

Foi durante trescentos anos a capa que cubriu ao Apóstolo, recibiu o abrazo de miles de millóns de peregrinos e no 2004 convertiuse nunha das xoias da coroa do Tesouro da Catedral de Santiago. Falamos da Esclavina do Santo Apóstolo que durante séculos foi abrazada e esquilmada ata quedar apenas con algunhas das moitas pedras fermosas que posuía, tal e como pode verse na exposición Camiño. A orixe, en exposición ata o 13 de setembro de 2015 no Museo Centro Gaiás.

Comentarios0
Santiago de Compostela, 01 de Xullo de 2015

A Cidade da Cultura xa está en Instagram! E para celebralo, poñemos en marcha o concurso #gaiaseninstagram da man de Blu:Sens para elixir a mellor fotografía do complexo deseñado por Peter Eisenman.

Modificación das bases

Participar é moi sinxelo: Toma unha imaxe da Cidade da Cultura e súbea na túa conta de instagram baixo o hashtag #gaiaseninstagram e mencionando a nosa conta oficial (@cidadedacultura). 

Comentarios0

Páxinas