Xavier, un escritor chocalleiro

Durante os meses de exposición da mostra Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade, a Cidade da Cultura puxo en marcha un programa didáctico no que escolares de toda Galicia, ademais de facer unha visita, podían participar no obradoiro de creación literaria Cóntame un conto. Da man do departamento de didácticas, os particpantes achegáronse a ferramentas básicas para diferentes procesos, creación de personaxes, estrutura narrativa... Hoxe ofrecémosvos unha das personaxes creadas polos alumnos de 5º de Primaria do CPi Aurelio Marcelino Rey García.

Xavier, un escritor chocalleiro

Unha personaxe dos alumnos de 5º de Primaria do CPI Aurelio Marcelino Rey García

Xavier ten trinta e seis anos. Naceu en Madrid, pero está de viaxe en Galicia recollendo información sobre esa terra para escribir un libro. 

É delgado, forte, loiro, de bo parecer. Amable, simpático e moi amigable... pero ás veces un pouco indiscreto. Xavier é bastante chocalleiro. 

Ademais de escribir, góstalle viaxar e facer calceta.   

Ten muller e dous fillos que non sempre poden viaxar con el. É vexetariano e nos seus pratos abondan as leitugas e os tomates. Viaxa por pracer, xa que é multimillonario tras o grande éxito das súas narracións anteriores. 

Tiña un amigo que daba moitas esmolas aos pobres e por tal era moi coñecido e querido. Este amigo vestía sempre coa roupa tradicional alemá, sendo ademais un bo bailarín das danzas propias daquel país. 

Xavier incluía ao seu amigo en moitos dos seus relatos. Ata que un día… 

 
Exposicións
Santiago de Compostela, 09 de Febreiro de 2017