Xa temos os gañadores do concurso 'Galicia é auga'

O concurso Galicia é auga xa ten gañadores. Tras mes e medio convidando a todos os galegos a descubrir a beleza que se agocha na auga que define a nosa identidade, o público e o xurado -formado polo fotógrafo Manuel G. Vicente, un representante de Coca Cola e outro de Balnearios de Galicia- elixiron de entre as 736 imaxes presentadas as sete gañadoras deste concurso.

Na categoría xuvenil, os gañadores foron: Fernando Canabal por Charca de arte, Ángela Silva Varela por Solidificación e Laura Escadebas por Auga, fonte de vida. Por cortesía de Coca Cola, os tres poderán vivir unha experiencia única: unha aventura en kaiak polos Canóns do Sil xunto cunha estancia de fin de semana nunha casa rural da Ribeira Sacra.

Na categoría adulta, o xurado elixiu a José Francisco López López coa foto Calma no Miño, María Belén Rodríguez Pazo por Espíritu Ariel e Juan Pérez por Fóra de xogo. Aos tres, Balnearios de Galicia regálalle unha fin de semana termal nalgún dos balnearios da cadea Caldaria: Arnoia, Laias ou Lobios.

O sétimo premio concedeuno o público cos seus votos, proclamando gañadora a María Rodríguez Pita por Choiva cun total de 490 votos. O seu premio será, tamén, unha fin de semana termal por cortesía de Balnearios de Galicia.

Auga Doce
Santiago de Compostela, 25 de Xullo de 2014 (All day)