Spin2016 ou como as mulleres revolucionan o emprendemento

Un total de 128 millóns de mulleres están a liderar empresas xa consolidadas en todo o mundo, a maioría cuns altos niveis de innovación. Muller e emprendemento son, desde hai tempo, dúas caras da mesma moeda. E así o quere reivindicar o Spin2016, o maior evento de emprendemento universitario de Iberoamérica que do 29 de setembro ao 1 de outubro porá en valor na Cidade da Cultura como grandes proxectos que están revolucionar a educación,  a sociedade ou o mundo da tecnoloxía están encabezados por mulleres.

Xunto aos foros de investimento e busca de partners, o Spin2016 contará cun amplo programa de conferencias e seminarios nos que descubrir proxectos que mudan as cousas. Como o caso da afgá Sakena Yacoobi, fundadora e directora executiva de Afghan Institute of Learning, ONG dirixida por mulleres que ofrece formación como mestras a milleiros de mulleres en Afganistán e Paquistán, apoiando a escolarización e a educación sanitaria para mulleres e nenas de zonas rurais e empobrecidas.

Baixo a súa dirección, o Instituto consolidouse como unha institución que aposta forte pola innovación, presente en programas formativos e nos servizos legais e sanitarios que hoxe pon á disposición de máis de 13 millóns de persoas en Afganistán. Ademais, o Instituto está a levar a cabo un importante labor promovendo o empoderamento de mulleres e nenos para fomentar a paz e o benestar nas comunidades. O AIL é a primeira organización en fundar centros de formación para mulleres. A través destes centros, o AIL ofrece ás mulleres afgás formación en materia de dereitos humanos e de liderado. Ademais, o AIL participou no financiamento de 80 casas-escolas clandestinas que permitiron educar 3000 nenas despois de que os talibáns tivesen pechado as escolas femininas durante os noventa.

O AIL inaugurou recentemente un despacho legal co obxectivo de facilitar servizos legais a mulleres con pouco recursos, e nos últimos anos acolleu varios congresos multitudinarios ao redor da paz. Sakena Yacoobi fundou en Afganistán catro colexios privados, unha emisora de radio e un hospital.

A experiencia de Sakena Yacoobi poderemos escoitala o 29 de setembro no marco do espazo de diálogo ‘Mulleres que moven o mundo’ ás 15:50 horas no Escenario OE!, situado no andar menos un do Museo Centro Gaiás. E xunto a ela estará outra recolucionaria da educación, nese caso tecnolóxica: Mariana Costa

Costa é co-fundadora e Directora Executiva de Laboratoria, empresa social en América Latina que capacita mulleres novas de baixos recursos como desenvolvedoras web e conéctaas con oportunidades de emprego de calidade no sector tecnolóxico. Desde o seu lanzamento en Perú no 2014, Laboratoria expandiuse por México e Chile co obxectivo de mudar a faciana do sector tecnolóxico en América Latina e converténdoo nunha fonte de oportunidades para máis mulleres na rexión.

Recoñecida como unha das mozas innovadoras menores de 35 anos pola revista MIT Technology Review no 2015, no Cumio Global de Emprendedores 2016 compartiu escenario con Barack Obama e Marck Zuckerberg.

O 30 de setembro ás 10:45 horas será momento para outra emprendedora revolucionaria: Luz Rello, lingüista, emprendedora e investigadora que vén de ser recoñecida co Premio Princesa de Girona neste 2016 na categoría Social polo seu traballo no desenvolvemento de ferramentas dixitais para a detección precoz e tratamento da dislexia, que ela mesma padece. A través da organización sen fins lucrativos Change Dyslexia, Luz Rello deseñou un detector que salirá á luz en novembro que xa se probou en 10.000 persoas de 7 a 70 anos.

O último dos proxectos que queremos destacar é o de Leticia Gasca e a súa defensa da necesidade de asumir os fracasos. Co fundadora e directora do Instituto do Fracaso e o movemento global Fuckup Nights, Leticia estará no Spin2016 o 30 de setembro ás 17:20 horas no Museo Centro Gaiás.

Ten unha década de experiencia como emprendedora, investidora, mentora e xornalista de negocios e ten menos de 30 anos de idade. Leticia é autora do libro Sobrevivir al Fracaso, columnista en Forbes e co-conductora do programa de radio Qwerty, centrado en innovación e startups. Fuckup Nights é unha iniciativa nada en mëxico no ano 2012 para que os emprendedores compartan as súas historias de fracaso, nun evento informal durante o cal os emprendedores poden coñecer, aprender e compartir experiencias. O día 27 de setembro estará presente na primeira Fuckup Night que terá lugar en Compostela, ás 22 horas en O Ateneo.

Estas son só catro das historias de mulleres emprendedoras que acollerá o Spin2016, pero que contará coa presenza de outros nomes recoñecidos como a escritora Nélida Piñón, a deportista Gisela Pulido ou a emprendedora Mariquel Waingarten. Podedes ver toda a programación do Spin2016 aquí. E recordade que a entrada é de balde mais é preciso inscribirse previamente.

 

Intercambio
Santiago de Compostela, 22 de Setembro de 2016
 

Congresos

  • (1)
 
Spin2016
Spin2016
Spin2016
Spin2016