Refrey, a máquina de coser que revolucionou os fogares

Con-fío en Galicia non só é moda. Senón todo un sector que colocou a Galicia no mapa: o téxtil. E un dos prodixios tecnolóxicos que xurdiu no noso país naceu en Vigo nos corenta. Falamos, como non, da máquina de coser Refrey.

Nada no barrio de Bouzas no ano 1948, a Refrey foi obra da saga empresarial dos Freire, recoñecidos industriais vigueses pola posta en marcha en 1895 do asteleiro Construcciones Navales Paulino Freire. 

A máquina automática Refrey, de gran calidade e a un prezo asequible para a época, convertiuse nunha máquina emblemática na España dos 60 e 70, décadas nas que se chegaron a vender máis de 30.000 ao ano. Ata unhas 500 persoas chegaron a traballar para esta firma, 300 na planta de produción e o resto na rede de comerciais que chegaba ás principais cidades de España e se extendía ao estranxeiro ata países como Chile, Venezuela e outros países iberoamericanos. 

Aínda que un dos seus grandes méritos foi extender o uso da máquina de coser a centos de miles de fogares, ata a súa desaparición nos 90, Refrey tivo o seu banco de probas na fábrica Regojo de Redondela, onde testaba as súas innovacións. De feito, a faceta industrial foi unha das máis prósperas, ata o punto de que a principios dos anos 70, Refrey producía o 60% das máquinas de coser industriais españolas.

Refrey contribuiu a formar unha man de obra cualificada e fixo posible o desenvolvemento téxtil en Galicia. Por iso, unha das súas máquina máis míticas ocupa un lugar destacado de Con-fío en Galicia, exposición que podedes visitar atar o 11 de setembro no Museo Centro Gaiás.

Exposicións
Santiago de Compostela, 08 de Agosto de 2016
 

Cultura

  • (3)
 
Exposición Con-fío en Galicia
Exposición Con-fío en Galicia
Exposición Con-fío en Galicia