#EAN8: A nova creatividade que emerxe

A invisibilidade das mulleres,  a inmigración, a enfermidade, a invasión urbana e humana na relación coa contorna natural, o voyeurismo, os lindes entre o público e privado, a sociedade tecnolóxica e as relacións e soidades que provoca, os arquetivos, os clixés de xénero, a sexualidade en épocas de represión, o capitalismo, a violencia soterrada... Isto e máis emerxeu no Encontro de Artistas Novos 2018 (#EAN8) , que celebrou do 26 ao 30 de agosto a Cidade da Cultura, coa colaboración da Fundación Banco Sabadell.

Esta xa consolidada residencia de arte contemporánea contou nesta oitava edición con 40 (+1) creadores e creadoras emerxentes, que nos (e se) zarrapicaron con estes temas nun encontro de intercambio de experiencias, preocupacións e  procesos creativos. Este #EAN8  a fotografía revelouse como disciplina protagonista e cativáronnos performances en vivo como a de Miss Beige e a súa loita contra a dictadura da vaidade;  entusiasmáronnos traxes que se podían ler ou, dito doutro xeito, libros que se convertían en traxes; admirámosnos co valente uso da arte para facer fronte a enfermidades desde o cancro á migraña ou a falta de parte dun cromosoma ; e divertímosnos co tremendo potencial artístico na reinterpretación das mensaxes dos felpudos.

Imposible verter como nos gustaría e merecen todo o visto, escoitado e experimentado nestes cinco días de convivencia e intercambio artístico do #EAN8. Deixámosvos un bocadiño dos proxectos de cada un dos e das participantes, que dá boa conta da nova creatividade que emerxe, á vez que os enlace aos blogs, páxinas web ou contas nas redes sociais para que non lle perdades a pista a estes talentosos e talentosas 40 (+1):

  • A compostelá Adriana Brantuas (1991) foi a encargada de abrir o primeiro Foro Aberto do #EAN8 cun proxecto no que rexistra o paso do tempo a través de gretas e marcas, empregando materiais como formigón, silicona e película fotográfica. + Info: https://www.instagram.com/adrianabrantuas
  • O proxecto artístico de Alberto Ardid (Vigo, 1986), a cabalo entre a pintura, a escultura e a instalación, céntrase no contraste, confrontando a un tempo materiais e conceptos. Coñece máis sobre o seu traballo por Instagram: @albertoardid
  • O sevillano Alejandro Ginés (1984) presentounos no #EAN8 o seu traballo enfocado nas lindes do comportamento social e dos baleiros que crea a súa transformación. Con obxectos cotiá, constrúe elementos e imaxes ficticias | + Info:http://www.instagram.com/ale_gines
  • A artista e fotógrafa venezolana Alicia Caldera trouxo ao #EAN8 o proxecto 'Humanar 131-Y', no que aborda aspectos simbólicos vencellados co feminino, a migración, a acumulación e a tecnoloxía | + Info: https://www.instagram.com/iwakoty
  • Ana Esmith*** (Madrid, 1976) presentou no #EAN8 a MISS BEIGE, unha heroína dos século XXI con superpoderes para destruír a vaidade. Toda unha homenaxe á vilipendiada beleza atípica. Adoramos! Coñece máis dos seus proxectos en https://www.instagram.com/miss__beige/ | MISS BEIGE
  • Danza, vídeo, palabra e imaxe son as ferramentas de Ana Fontela. No #EAN8 reflexionou sobre a ligazón do feminismo e o capitalismo, partindo dunha inquedanza xeneracional, á vez que dun interese íntimo e político. Mérgullate no seu traballo: http://www.instagram.com/afontenla
  • Andrea Davila (Boiro, 1995) aspira a suscitar unha unión entre categorías artísticas excesivamente distanciadas, á vez que a xerar un novo subxénero na arte sonora. Un interesante reto do que deu conta no #EAN8. Interésache saber máis? Sigúea en  https://www.instagram.com/andreadavila.barranha
  • Ángel Filgueira (Redondela, 1992) presentou no #EAN8 unha investigación ao límite da non ficción ao redor das relacións intensas. Trátase do seu traballo como guionista para a longametraxe 'III'
  • Ariadna Silva deu a coñecer no #EAN8 'Cartografía do esquecemento': un interesante percorrido a través de diferentes realidades da paisaxe galega e unha reflexión-advertencia sobre a dexeneración progresiva do territorio | + Info: http://www.ariadnasilva.com/ | Ariadna Silva Fernández
  • O proxecto de Arnau Blanch (1983, Barcelona) para o #EAN8 non deixou indiferente. Con 'Taboo' mergullouse nunha especie de investigación criminal para esclarecer a morte violenta do seu avó | + Info: http://www.arnaublanch.com/
  • Arnau Rovira (Barcelona 1984) presentou no #EAN8 o seu orixinal proxecto 'FLAIX' no que traballa coa reinterpretación do seus recordos | + Info: http://www.arnauroviravidal.com/
  • Con varios premios, como o  Xuventude Crea, Carla Souto (A Coruña, 1994) amosou no #EAN8 as súas novas creacións e proxectos. Nelas investiga o vínculo entre a desexualización do corpo feminino, a natureza e o territorio: http://cargocollective.com/carlasouto |https://www.instagram.com/rascarla/
 
  • A segunda xornada do #EAN8 arrancou con Elvira Amor (Madrid, 1982) que nos presentou un proxecto creativo desenvolvido ao redor da pintura e abstracción, cunha linguaxe de formas e xeometrías brandas que xeran tensións e movementos entre si | http://www.elviraamor.com/
  • Con só 23 anos, o cambadés Emmanuel Joven centra o seu traballo creativo na arte dixital e a colaxe, recreándose na estética do consumo do sensorial | +info: http://instagram.com/emmjoven |#EAN8
  • Empregando a pintura e o debuxo, Quique Ortiz (Santander, 1988) crea imaxes perturbadoras que poñen de manifesto a manipulación humana no entorno e na natureza. Coñecimos o seu traballo no #EAN8 | +info: http://www.quiqueortiz.com/ | Quique Ortiz
  • Estela Sanchis (Valencia, 1988) centra o seu traballo nas relacións entre descoñecidos, así como en distintos mecanismos do voyeurismo na sociedade actual, empregando a fotografía e demais técnicas audiovisuais. Un xeito de traballar desde o artístico que subscitou moito interese e debate neste #EAN8 | +info: http://www.estelasanchis.com/ 
  • Comisaria independente, xestora cultural e artista, Eva Mendoza presentou no #EAN8 un percorrido pola súa traxectoria, tocando pintura, escultura ou debuxo, e organizando proxectos como o festival de arte e vídeo #Rexión0 | +info: http://evamendozachandas.blogspot.com/ | @evamendozachandas
  • O pontevedrés Jaime Olmedo combina o seu traballo como fotógrafo de rodaxe de ficción con outros persoais nos que a cámara se converte nunha máquina canalizadora de ideas e emocións | +info: http://www.jaimeolmedo.com/ 
  • A arte de Javier Rodríguez Lozano (Madrid, 1992) parte de eventos e obxectos cotiás que pasan desapercibidos -desde os graffitis de rúa aos felpudos das portas- xogando coa súa potencialidade artística e establecendo conexións para re-apreciar o que nos rodea. Seguide o seu interesante traballo por Instagram: @rodriguezlozanoj e pola súa páxina web: www.javierrodriguezlozano.com 
  • Joaquín Paredes, fotógrafo cacereño especialista en procesos históricos, propúxonos en 'Hemicránea' unha viaxe a través das sensacións e dificultades que sofren as persoas que padecen migraña | +info: https://www.instagram.com/jparepir/ | @joaquinparedesfotografia
  • Luis Bueno achegounos no #EAN8 a súa reflexión sobre a relación entre o ser humano e a natureza, a ocupación urbana do espazo natural e o enfrontamento constante co entorno | +info: http://luisbuenodiaz.blogspot.com/
  • Juana González (Puertollano, 1972) amosounos a súa obra pictórica con postas en escena misteriosas e narracións incompletas e desacougantes. Queres saber máis? Descúbrea en https://juanagonzalezart.wordpress.com/@JuanaGonzalez.arte
  • Centrada na fotografía social e editorial, Lara Albuixech (1971, Madrid) é fundadora do#Colectivo4F e gañadora de recoñecidos galardóns como EN FOCO. Ao #EAN8 tróuxonos un petisco do seu traballo, que podes ver polo miúdo en http://www.laraalbuixechphoto.com/ @lara.albuixech.1
  • Lía González (Ourense, 1993) presentou no #EAN8 Lecturas Modulares, o seu estudo da retícula como sistema xerador de libros-traxe: que poden ser lidos nunha primeira lectura e transformados en traxes na segunda. Quedas con gana de máis? Podes coñecela en http://www.liagonzalez.es/
  • Con Mar Guerrero*** (Palma de Mallorca, 1991) e o seu proxecto Cosmic Networks exploramos a tensión e dicotomía entre progreso tecnolóxico e migracións, entre tradición e futuro, entre redes humanas e redes tecnolóxicas | http://www.marguerrero.net/ @mar.mitsalz
  • Conceptos como a intuición, o tempo e o espazo están moi presentes no traballo de Marco Moreira, que explora as fronteiras entre o bidimensional e o tridimensional e entre o artista e o público | http://www.marcomoreira.pt/ @macmoreira
  • Mara León (Sevilla, 1970) presentou no #EAN8 o Proxecto E-730, xurdido da necesidade de contar a dura realidade do cancro de mama e que procura crear conciencia social, sanitaria e política sobre o impacto na muller desta doenza |+ Información en https://www.instagram.com/maraleon.arte e https://www.facebook.com/mara.leon.5
  • Pechou a segunda xornada do Foro Aberto #EAN8 'Negras Malas', o proxecto co que Naomy Salge (Bogotá, 1996) amosa a realidade da muller afrofeminista na diáspora dun modo íntimo e desde o entendemento que supón pertencer a este colectivo | http://negrasmalas.hotglue.me/
 
  • Arrancou a terceira xornada de Foro Aberto no #EAN8 con Nora Silva***, artista de performance española-chilena que nos presentou o seu proceso de traballo a través de proxectos como#INeverWent, sobre a perda de privacidade |http://www.norasilva.com/ |https://www.facebook.com/noratornado
  • Arquitecta, artista e docente, Paula Morales (Mos, 1983) trouxo ao #EAN8 unha obra centrada no retrato realista e detallado con diferentes técnicas, prestando sempre especial atención ás texturas |http://be.net/polamore | https://www.facebook.com/Paula-Morales-Arte-112730524340/
  • Atopamos a obra de Raquel Algaba (Madrid, 1992) a cabalo entre o que nos atrevemos a mirar e o que non, entre o fermoso e o terrible, onde as figuras nos ollan desde a distancia camufladas a través da máscara ou o disfrace | www.raquelalgaba.es
  • Rosi Pardal*** (Valga, 1983) presentou o proxecto fotográfico 'En la caja de recuerdos', que nos transporta a ambientes surreais a través de fotografías antigas restauradas e pintadas, conservadas en caixas de galletas pola súa propia avoa | www.pardagunde.es
  • A barcelonesa Silvia Prió centrou o seu proxecto artístico na fotografía, a videocreación e o documental. En 'Sobre Vivir' reflexiona, a modo de diario persoal e desde unha perspectiva poética, sobre a percepción da violencia soterrada |www.silviaprio.com | https://www.facebook.com/silvia.prio.9
  • Thomas Apostolou*** (Atenas, 1985) centra o seu traballo actual nas prácticas artísticas que tratan de eliminar o control por parte do autor, na parte de imprevisto do proceso creativo e nas consecuencias que xera este 'baleiro' | http://thomasapost.wixsite.com/thomasapos
  • 'Estaba Oculto', de Valle Galera, indaga sobre o arquetipo masculino e sedutor en España mediante o retrato a homosexuais sexaxenarios, evocando unha xeración esquecida que viviu unha sexualidade prohibida durante o franquismo |www.vallegalera.com
  • Victoria Rodríguez Cruz ***(Sevilla, 1963) mergúllase desde a fotografía no relato da procura da identidade e na investigación sobre o cotiá, con imaxes de gran carga emocional e linguaxe poética |www.victoriarodriguezcruz.com
  • Rematouse o derradeiro Foro Aberto do #EAN8 con Violeta Janeiro (Vigo, 1982), que no seu traballo reflexiona sobre as posibilidades da colectividade explorando alternativas colaborativas na produción, recepción e canalización da arte | violetajaneiro.com

 

*** Imaxes empregadas para ilustrar o blog

Santiago de Compostela, 31 de Agosto de 2018