Atardecer no Gaiás, desexarás que se poña o sol!

A banda sonora do verán pona Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos ao aire libre que os xoves, venres e sábados de xullo e agosto nos trae á praza central da Cidade da Cultura as mellores bandas do momento. Esta sétima edición terá un intenso sabor galego, con actuacións en pequeno formato de Triángulo de Amor Bizarro, Malandrómeda, Familia Caamagno, Músculo!, Terbutalina ou Víctor Prieto.

Atardecer no Gaiás 2017 contará con outros artistas punteiros do panorama nacional e internacional como C. Tangana, un dos grandes nomes do rap actual; o pop en catalán de Manel; a gañadora de dous Grammys latinos, Carla Morrison; o tecno pop de Hidrogenesse ou o trovador brasileiro Gustavo Almeida. E, por segundo ano consecutivo, tres sesións de cine ao aire libre coa música como protagonista. Un verán máis, desexarás que se poña o sol!

PROGRAMA

XULLO

XOV 6 | Malandrómeda

VEN 7 | Fasenuova

SÁB 8  | Carla Morrison

XOV 13  | DJ e Proxección

VEN 14  | Boogarins

SÁB 15  | Familia Caamagno

XOV 20  | Bareto

VEN 21  | C.Tangana

SÁB 22  | Gustavo Almeida

XOV 27  | Víctor Pieto

VEN 28  | Músculo! 

 

AGOSTO

XOV 3  | DJ e Proxección

VEN 4 | Manel

SÁB 5 | Espanto

XOV 10  | Boyanka Kostova 

VEN 11  | Hidrogenesse

SÁB 12  | Terbutalina

XOV 17  | DJ + Proxección

XOV 24 | Kikagaku Moyo

VEN 25  | Nudozurdo

SÁB 26 | Triángulo de amor bizarro

 

Máis info en www.atardecernogaias.gal.

 

Música & Escena
Santiago de Compostela, 15 de Xuño de 2017
Atardecer no Gaiás