Política de privacidad

AVISO LEGAL

En cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, infórmase ao usuario que esta é a páxina web corporativa da Fundación Cidade da Cultura de G Galicia con CIF G15721640 e domicilio Rúa de San Roque, 2 15704-Santiago de Compostela (A Coruña) inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Fundación Cidade da Cultura de Galicia (en diante a Fundación) quere dar a coñecer, mediante o presente texto, cales son os criterios e regras que segue respecto da utilización dos datos persoais que calquera usuario facilite durante o acceso á súa páxina web corporativa www.cidadedacultura.org.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 113 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (en diante, LOPD)) a Fundación infórmalle que os datos que nos proporcione mediante a cumprimentación de calquera formulario de rexistro electrónico que apareza no noso sitio web, así como aqueles datos aos que a referida entidade puidese acceder como consecuencia da súa navegación, serán recollido os nun ou varios ficheiros titularidade da mesma, ante a que poderá en todo momento e exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e, no seu caso o de oposición, dirixindo solicitude asinada por escrito xunto cunha fotocopia do seu DNI ou na dirección lopd@cidadedacultura.org

A non cumprimentación dos campos obrigatorios que aparecen en calquera formulario de rexistro electrónico poderá ter como consecuencia que a Fundación non poida atender a súa solicitude.

As finalidades da recollida a dos seus datos persoais son as que particularmente se indiquen en cada unha das páxinas onde apareza o formulario de rexistro electrónico. Con carácter xeral, os datos de carácter persoal que nos proporcione serán utilizados para atender ás súas solicitudes e consultas, así como informarlle sobre novas actividades, eventos e servizos organizados ou xestionados pola Fundación. No caso de que a través dos citados formularios, facilite datos de carácter persoal de terceiros, previamente á súa inclusión deberá informar aos mesmos dos extremos establecidos nos parágrafos anteriores, absténdose de incluílos de non obter o seu consentimento.

A Fundación podería rec coller e/ou almacenar a seguinte información acerca dos visitantes ou usuarios da nosa web:

  • O nome de dominio do provedor (PSI) e/ou dirección IP que lles dá acceso á rede, a fin de elaborar estatísticas sobre os países e servidores que nos visitan máis a miúdo.
  • A data e hora de acceso, que nos permite coñecer as horas de máis afluencia, e facer os axustes precisos para evitar problemas de saturación.
  • A dirección de Internet desde a que partiu o link que dirixe á nosa web, para comprobar a efectividade e dos distintos banners e enlaces que apuntan ao noso servidor, e poder potenciar os que ofrezan mellores resultados.
  • O sistema operativo, navegador e resolución de pantalla empregados, para coñecer as capacidades técnicas dos nosos visitantes e adecuar o deseño da páxina conforme a estes datos.
  • O número de visitantes diarios de cada sección, diferenciando as áreas de máis éxito e aumentar e mellorar o seu contido, co fin de que os usuarios obteñan un servizo máis satisfactorio.

A estes efectos, utilizaranse os datos obtidos a través de Google Analytics, un servizo analítico de web prestado por Google, Inc., unha compañía de Delaware cuxa oficina principal está en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (Califor rnia), CA 94043, Estados Unidos (“Google” ”).

A información así obtida é totalmente anónima, e en ningún caso será asociada a un usuario concreto e identificado.

A utilización de cookies, pequenos ficheiros de datos que se xeran no computador do usuario e permítenos obter información como a data e hora da última vez que o usuario visitou a web, o deseño de contidos que o usuario escolleu na súa primeira visita ou elementos de seguridade que interveñen no control de acceso ás áreas restrinxidas. Se ben a información obtida é totalmente anónima, o usuario ten a opción de impedir a xeración de cookies, mediante a selección da correspondente opción no seu navegador.

A Fundación comprométese a tratar de forma absolutamente confidencial os seus datos de carácter persoal, facendo uso dos mesmos exclusivamente para as finalidades indicadas, e infórmalle que ten implantadas as medidas de seguridade de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos seus datos e evitar a súa alteración, perda, tratamento e/ou acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos a que están expostos, xa proveñan da acción humana ou do medio físico ou natural, de conformidade co previsto no artigo 9 LOPD e no seu Regulamento de desenvolvemento aprobado polo Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro.

1. DATOS DE MENORES

Para poder ser usuario activo desta web, é necesario ter 14 anos ou máis. Os menores desta idade só poderán rexistrarse a través dos seus pais ou titores. Así mesmo, recomendamos aos menores de idade en xeral que consulten cos seus pais antes de proporcionar datos de carácter persoal. En ningún caso se solicitarán dos menores de idade datos relacionados coa situación económica, actividade profesional ou intimidade dos outros membros da familia. Neste sentido, a información relativa a menores solicitarase exclusivamente para o envío de información sobre actividades, concursos ou eventos da Fundación dirixidos especificamente ao público infantil e xuvenil. En ningún caso se comunicarán datos relativos a menores a terceiros alleos á Fundación, nin se utilizarán para campañas que sexan inadecuadas á idade correspondente ao menor.

2. CONDICIÓNS XERAIS DE USO DA PÁXINA WEB

Estas condicións regulan o uso do servizo da nosa páxina web http://www.cidadedacultura.org. (en diante, a páxina web) que a Fundación pon gratuitamente a disposición dos usuarios de Internet.

A utilización da nosa páxina web atribúelle a condición de usuario da mesma e supón a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas no presente Aviso Legal na versión publicada no momento mesmo en que o usuario acceda á nosa páxina web, así como da nosa política de privacidade e tratamento de datos persoais.

A Fundación resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso á súa páxina web, en calquera momento e sen necesidade de preaviso, a aqueles usuarios que incumpran as presente es disposicións xerais así como as particulares que resulten de aplicación.

A Fundación non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento da súa páxina web e/ou dos seus servizos ou contido, nin que este se atope actualizado. No entanto, cando iso sexa razoablemente posible, advertirase previamente as interrupcións no funcionamento da páxina web e dos servizos nela ofrecidos. Neste contexto, a Fundación declina calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento da páxina web e dos servizos.

A Fundación facilita o acceso mediante enlaces, a outras páxinas web que consideramos poden ser do seu interese, co único obxectivo de facilitar a procura de recursos a través de internet. No entanto, ditas páxinas non pertencen á Fundación nin facemos revisión dos seus contidos, polo que non nos responsabilizamos da calidade, exactitude ou veracidade dos mesmos ou do funcionamento da páxina enlazada, nin dos posibles danos que poidan derivarse do seu acceso ou uso.

3. XESTIÓN DE CURRÍCULOS

A través desta páxina web, non se facilita aos usuarios de forma directa a posibilidade de incorporar os seus datos a unha bolsa de emprego. Con todo, no caso de que nos faga chegar o seu currículo por calquera medio coa devandita finalidade, informámoslle que a Fundación poderá incorporar os seus datos aos seus ficheiros coa finalidade de xestionar a súa participación nos procesos de selección de persoal da mesma, e enviarlle información sobre os mesmos.

4. PROCEDEMENTOS DE CONTRATACIÓN PÚBLICA

Os datos persoais que se faciliten para a participación nos procedementos de contratación pública da Fundación publicados nesta web, incorporaranse tamén nun ou varios ficheiros da súa titularidade.

Mediante a participación nos devanditos procedementos de contratación, os titulares dos datos persoais facilitados consenten o seu tratamento coa finalidade de levar a cabo a tramitación da contratación pública correspondente, e autorizan a súa comunicación a entidades financeiras, Administración Tributaria, Diarios Oficiais, e demais administracións públicas competentes na materia.

No caso de que os licitantes, facilitasen datos de carácter persoal de terceiros, previamente á súa inclusión deberán informar aos titulares dos mesmos dos extremos establecidos nos parágrafos anteriores.

5. CONDICIÓNS DE USO DO BLOG E REDES SOCIAIS

A participación do usuario no blog ou redes sociais ás que estea vinculada a Fundación, ou calquera outro servizo ofrecido pola web, implica a adhesión plena e sen reservas ás presentes condicións, reservándose a Fundación o dereito a denegar ou retirar o acceso aos mesmos de oficio ou a instancia dun terceiro, sen necesidade de preaviso, a aqueles usuarios que incumpran as mesmas.

Para poder participar activamente nos referidos servizos en calidade de usuario, deberá ter, como mínimo, 14 anos de idade. En caso de dúbida sobre a idade dun usuario, a Fundación poderá solicitar a verificación da mesma a través de calquera medio válido en dereito.

Concretamente, o blog pretende ser unha ferramenta dixital gratuíta que a Fundación pon a disposición dos visitantes da súa web para a publicación de valoracións relativas aos contidos da mesma, e para expor as súas opinións sobre as actividades organizadas pola Fundación.

A intervención dos visitantes no blog levarase a cabo a través dun nome de usuario persoal (bastará a introdución de un alias ou sobrenome) e unha clave secreta elixida polo propio interesado, que se validará contra o correo electrónico facilitado polo mesmo, e da que se deberá facer un uso dilixente confidencial. Debido á finalidade propia desta ferramenta, aqueles contidos que non se axusten ás temáticas propostas poderán ser moderados, bloqueados ou eliminados. Así mesmo, retirarase calquera comentario ofensivo, violento, discriminatorio, ou que puidese perturbar o funcionamento normal dos blog. En especial prohíbese a publicación de promocións e enlaces a ofertas comerciais, así como a captación de datos con finalidade publicitaria.

Se un usuario se vise afectado por actuacións ilegais ou que contraveñan as presentes condicións, ou detecte un mal uso das ferramentas dixitais da web por parte doutros usuarios, poderá polo en coñecemento da Fundación, a través de lopd@cidadedacultura.org, para que esta poida moderar ou eliminar os mesmos. En calquera caso, a Fundación non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos usuarios que unicamente expresan a opinión do seu autor.

En atención á normativa en materia de protección de datos, previamente a dar difusión a través do blog, redes sociais e demais ferramentas de comentarios relativos a datos de carácter persoal de terceiros, especialmente información fotográfica ou audiovisual, deberá contar co consentimento dos seus titulares, absténdose de incluír nas ferramentas da web a referida información en caso contrario.

En calquera caso recoméndase aos usuarios ter especial coidado á hora de publicar os devanditos contidos, para evitar pór en risco a privacidade e intimidade de persoas da súa contorna, así como non publicar información de contacto físico, que permita a calquera persoa coñecer onde vive, onde traballa ou estuda diariamente, ou os lugares de lecer que adoita frecuentar.

Así mesmo, os usuarios deberán utilizar e publicar unicamente contidos respecto dos que conten cos dereitos de propiedade intelectual suficientes.